venres, 27 de febreiro de 2015

Aves Rapaces Na Escola

O mércores, despois do recreo, fomos para o pabillón. Alí esperábanos unha grande sorpresa:
 Unha exhibición de aves rapaces. Eran unha aguia macho e unha aguia femia e un moucho.
A que máis nos impresionou foi o moucho. Era enorme e moi bonito! E ás veces parecía que nos chiscaba o ollo!
 Tamén había outros animais como chinchillas, esquíos chilenos, ourizos africanos... 
 Algúns de nós pudemos tocar os animais. Eran moi suaves.
Ao final tivemos unha exhibición do voo das  aguias. E unha delas escapou para o teito do pabillón e xa non quixo baixar de alí! Gustounos moito poder velas así tan de cerca. Foi moi emocionante.
Ah! E tamén había unha cría de moucho que aínda tiña moi pouca plumaxe. Era escalofriante!
Ester Haxhijahja, Zaira Núñez Vidal e Nicole Dayana López Andrade 6º B

xoves, 19 de febreiro de 2015

A Nosa Escola Dalle Á Lingua

Hoxe deixámosvos a grabación do programa de Onda Cero, Dalle á lingua na nosa escola alá polo no mes de novembro:
CLICADE NA FRECHA GRIS PARA ESCOITAR



Tamén Podes escoitarnos CLICANDO AQUÍ NA PÁXINA DE ONDA CERO.

mércores, 18 de febreiro de 2015

Entroido 2015 Na Escola

O venres 13 de febreiro celebramos O Entroido na escola.
Algúns xa viñemos vestidos, peinados e maquillados da casa e era moi simpático vernos traballar así disfrazados.
Pero na escola tamén houbo un tempo para disfrazarse os que aínda non estaban ou para dar os últimos retoques o noso disfrace. E as nosas profes xa non era só profes, tamén eran perruqueiras e maquilladoras.
Algo máis tarde xa era a hora de lucir os modeliños. Primeiro saímos aos corredores da escola.
E despois, como estaba a chover, fomos ao pabillón. Alí desfilamos arredor da pista. ¡Foi moi divertido!
Nós os de 5º e 6º, iamos de Científicos tolos cos pelos eléctricos as batas manchadas e esas cousas de científicos tolos.
Tamén nos gustou moito mirar os disfraces dos outros cursos da escola. Houbo exploradores, marcianos, mergulladores do Nautilus, robots, mochileros, e ata astronautas!
E o mellor de todo foi a música e a festa despois do desfile. Foi un día moi divertido!
Zaira Núñez Vidal, Ester Haxhijahja e Nicolás Amissah 6º B
CLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS 

venres, 6 de febreiro de 2015

Día Da Paz 2015 Na Escola

Hoxe, como non chovía, por fin puidemos celebrar O Día Da Paz na escola.
Todos os nenos e nenas fomos baixando ao patio e alí interpretamos diferentes danzas. Nós, os de 6º, xunto cos de 5º, fixémolo coa canción "No Mundo" de Luar Na Lubre.
1º e 2º con “Estoy orgulloso".
        E 3º e 4º con “Quen puidera namorala”.
Tamén nos tocou aos de 6º ler un manifesto, con palabras de paz homenaxeando a Mahatma Gandhi e a Caddy Adzuba.
Ao final de todo o acto, houbo unha solta de pombas mensaxeiras. Case todas saíron voando raudas e lixeiras pero houbo dúas que non querían marchar. Quedaron alí na caixa e unha profe tivo que sacalas coa man.
 Para toda a escola, foi UN DÍA FANTÁSTICO!!!!
Adrián López Fernández, Sandra Rodríguez Torres e Diego Santiago Martínez 6º B