xoves, 23 de xuño de 2016

FESTIVAL FIN DE CURSO 2016

O día 21 de xuño foi para todos nós un día espectacular!
Ás nove e media en puntiño fomos ao salón de actos para facer que a maxia resplandecera sobre o escenario. Por certo que os nosos compañeiros Daniel e Noelia foron os que se encargaron da presentación do festival e fixérono de maravilla!
As primeiras en actuar foron as nosas actrices Lucía B., Angélica e Sabela. Elas as tres representaron a peza titulada Imitose.
Unha obra realizada con moito entusiasmo pola súa parte e onde ao final todo o público quedou infectado! E é que elas contaxiáronnos coa súa vitalidade!
A nosa seguinte actuación foi a escenificación de unha escolma de Cousas da Vida de Castelao, feita pola nosa profe Mary Carmen.
Pasámolo tan ben actuando que ata o mesmo Castelao baixou do ceo para unirse a nós.
 E axudarnos con estas Cousas da Vida, da vida de entón, e da vida de agora. Onde se ven a sabedoría e retranca das mulleres galegas. Tamén a agudeza dos homes...
A picaresca dos políticos, a inxenuidade dos nenos...
Persoas ás que lles gusta moito o viño... A dualidade pobreza, riqueza...O pago en especies, sobre todo co famoso pernil do porco...
E moitas máis Cousas da vida.
Tamén houbo bailes que nos animaron a mover o esqueleto.
 E ritmos danzados ou cantados ao son de palillos chineses.
Tantas e tantas Cousas da Vida que quedarán para sempre na nosa memoria e que levaremos sempre moi preto do corazón por facernos vivir unha experiencia única e inesquecible!!
 Lucía Barreiro Lema, Angélica Badás Cimadevila e Amelia García García 5º A