Ola! Somos
Mario, Sabela e Lucía de 5º A e imos contarvos a festa do noso magosto na escola.
Celebrámola
hoxe, venres 13 de novembro. Primeiro fixemos moitos xogos: O paracaídas e o
lanzamento de aneis no pabillón universitario e a corda e carreira de sacos no
patio da escola.
Era emocionante
choutar e choutar sen medo a mancarse.
Logo puxémonos
negros a comer castañas. Ummm! que boas estaban! Aínda que había algunha que
tiña algún que outro verme dentro...
Logo, como
tiñamos tempo tamén xogamos a polis e ladróns! E algúns de nós puxémonos a
tirar follas ao aire!
Pasámolo moi
ben!
Mario Gómez Miranda, Sabela Lorenzo Figueroa e Lucía Sánchez Guerra. 5º A
Ningún comentario:
Publicar un comentario