sábado, 4 de novembro de 2017

Xa Está Aquí O Samaín 2017

E xa está aquí O Samaín!!!!
E todos na escola disfrazámonos moi ben!
Nós, os de 6º A, non quedamos atrás!!!
Era divertido estar a traballar nos computadores con estas pintas. Ah que dá pavor???
Molou moito saír ao patio e xogar así vestidos.
Xuntándonos con todos os demais, dando sustos á xente e xogando a ser monstros por un día...
Verdade que estabamos de medo???
Con modelos para todos os gustos...
 Xogar ese día foi aínda máis divertido!
Ata tomar a merenda resultaba unha acción estremecedora!
Ummm...Que bo estaba todo!
E é que esta semana foi moi intensa... Primeiro tivemos varios días dedicados a escoitarmos contos terroríficos na biblioteca.
O que nos tocou a nós deixounos a todos cos pelos de punta! Aínda hoxe estamos arrepiados coa historia da morte de Amelia...
Como vedes, a biblioteca de Piquín estaba engalanada para tal medoñenta ocasión!!!
Nós tampouco nos esquecemos de adornar a clase para tal evento. Con pantasmas, arañas, morcegos, cabazas aterradoras...
E que bonitos estaban os corredores do colexio...
E é que nos corredores contabamos con todos os elementos dignos dun bo Samaín.
Estaban tan aterradores que a escola enteira non perdeu ocasión de desfilar e pasar a ver todo o que por alí había!
E claro tamén estaban caracterizados como é debido... 
Tiñamos esqueletos andantes e tamén catrinas...
Zombies...
Non faltaban nin os vampiros...
 Nin as meigas...
Pero non pensedes que iso foi todo... Non... Tamén realizamos unha emisión de radio escolar con poemas arredor do Samaín que xa publicaremos outro día... E non podían faltar as actuacións musicais...
Con números que foron do agrado do público. Así os de 5º Nivel danzaron e interpretaron "No Samaín".
6º B recitou e nós danzamos ao son da canción “O Moucho”.
Por todo isto que vos contamos e moito máis... Este foi o noso Mellor Samaín Na Escola!!!
Breixo Fentanes Gago e Mercedes Barragáns Padín 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DO SAMAÍN 

1 comentario: