venres, 1 de xuño de 2018

PORTADA PARA O SALÓN DO LIBRO 2018

Este ano tamén participamos no Salón del Libro. Esta é a portada xeral do traballo conxunto que o cole presentou. 
Está dedicada a María Victoria Moreno, figura homenaxeada no día das Letras Galegas este ano. E presenta a súa caricatura e estas palabras tan bonitas.
Os artistas dos debuxos foron Yanira, Ruoxi e Javi de 6º A.
Os tres dedicáronse con moito afán durante varios días.
A artista das letras foi Sara. Como vedes empregou moita orixinalidade. 
E tamén se encargou das Letras do Título do traballo.
No que tamén traballaron Ruoxi e Brais.
Traballando ás veces conxuntamente. 
Así quedou o título cando saiu da nosa clase. Mulleres Que Deixan Pegada.
E este foi o resultado coa aportación do alumnado de Educación Infantil. Chuli, verdade?
O alumnado de Infantil e 3º Ciclo participou tamén na elaboración dos traballos que cada aula presentou. Hoxe deixámosvos algunhas imaxes da elaboración do traballo de 6º A.
Proximamente publicaremos fotos das nosas fantásticas producións.
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS

1 comentario: