venres, 27 de marzo de 2015

Olimpíadas Do Recreo Na Escola

O Martes pasado o alumnado de 5º e 6º da escola fomos convidados a participar nunha actividade organizada polo Concello de Pontevedra chamada Olimpíadas do Recreo.
Dividímonos en 3 grupos A, B, e C e tiñamos que facer 3 actividades diferentes rotando despois dun tempo en cada unha.
Había unha proba de tipo deportiva na cal, tiñamos varios exercicios para elixir: Lanzamento de xabalina, lanzamento de peso, salto de lonxitude, salto de vallas e por último carreiras.

A seguinte actividade era de ciencia. Aquí fixemos varios experimentos: primeiro un volcán de bicarbonato sódico, despois nun vaso metemos leite, vinagre e colorantes alimenticios e saíron varias cores, primeiro por separado, logo xuntábanse pero cun bastonciño tocabámolas e voltaban a separarse.
A continuación explicáronnos como se preparaban as noticias da televisión e as noticias de prensa escrita.
Por último participamos nun "Pasapalabra" e pasámolo xenial. Ao final déronnos un diploma.
Kedus José Dueñas Ramallo, Diego Santiago Martínez e Pablo Murillo Mateos 6ºB
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS 

Ningún comentario:

Publicar un comentario