xoves, 9 de abril de 2015

Día Da Árbore E Da Poesía

No venres antes de Semana Santa, na escola celebramos o día da árbore e tamén o día da poesía.
Primeiro plantamos un prunus co alumnado de Educación Infantil. Estaban todos espectantes a ver como Kedus e Nicholas facían todo o necesario.
Pero é que antes tocounos aos de 6º recitar os poemas que tiñamos inventado para este día.
 E tamén nos dedicaron toda a súa atención.
Máis tarde tocoulle o turno a un bonito magnolio. E desta vez foron Marcos e Nicole os encargados das tarefas.
Custou un pouco que a árbore deixara o seu envoltorio, pero logo alí quedou para que todos disfrutemos dela.
Ah, e tamén houbo máis poemas, de toda a escola, que o alumnado de 6º lemos con enorme ilusión ao pensar que este era o noso último día da poesía e da árbore na escola!

Nicole Dayana López Andrade e Nicholas Amissah 6º B

Ningún comentario:

Publicar un comentario