sábado, 25 de abril de 2015

Celebración Do Día Do Libro Na Escola

Os días 23 e 24 de Abril celebramos no cole O Día do Libro. Xa sabedes que se celebra ese día, o 23 de Abril,  internacionalmente, por conmemorarse o falecemento de dous grandes escritores como foron William Shakespeare e Miguel de Cervantes.
¿E qué mellor forma de celebralo que lendo?
Ademais de facelo individualmente e na clase, nós, o alumnado de 6º, tamén fomos ler libros aos outros alumnos do cole, a Infantil e ao resto de Primaria.
Os libros elexidos eran moi divertidos, bonitos, entretidos e con fantásticas ilustracións.
Esta é a lista e os cursos a quen llos lemos: Leopoldo e Casilda, 4 anos, Mamiiii, 4 anos, Inés del revés, 3 anos, La Broma, 3 anos, Una mamá para Owen, 5 anos. Las ovejas jamás contadas, 1º B, Carlota no quiere peinarse, 2º B, O Paraugas amarelo, 3º B, El sueño de Lu Shu, 4º B, Semillas de papel, 5º B.
Dividímonos en cinco grupos e estivemos cinco días practicando para non confundirnos e facelo moi ben. Ensaiabamos na clase aproveitando calquera momento.
El día 23 tocaba leer para todas las aulas de Infantil. Gustounos moito ir alí porque recordamos cando nós aínda estabamos nesas aulas e eramos así de pequenos.
Algúns equipos lemos nas aulas, e outros equipos fixérono no patio.
Os nenos e nenas estiveron moi atentos e gustáronlle moito os contos e nós estabamos moi emocionados.
         O día 24 lemos para os outros cursos de Primaria e a experiencia foi igual de bonita. 
Daniel Iglesias Pereira, Yerai Loureiro Alonso y Adrián Lagos Piedras 6º B 
CLICADE AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS 

Ningún comentario:

Publicar un comentario