venres, 25 de novembro de 2016

A Escola Na Cadea Humana Contra A Violencia

Ola! Hoxe queremos contarvos que todo o alumnado da escola participamos nunha cadea humana contra a violencia machista.
Primeiro os máis peques foron rodeando a escola pola parte de fóra.
Despois continuamos e fomos ocupando a rúa da Cruz Vermella.
 Chegamos ata o comezo da rúa e enchémola todiña!
Alí a cadea continuaba con outra escola, e nós os de 6º A  fomos os eslavóns onde se unía a cadea. Nós, Álvaro e Brais eramos os dous primeiros elos no lugar de unión da cadea!
 Foi moi divertido! A cadea era moi longa e chegaba ata o centro de Pontevedra onde se bifurcaba por máis e máis rúas.
Durante a formación da cadea humana non estivemos calados, pois houbo momentos que nos puxemos a cantar e así pasamos un momento moi emocionante!
Tamén gritamos: non á violencia de xénero! Temos que parala entre todos!
Álvaro Durán Cortegoso, Brais García Mejuto e Iván López Rey 6º A

Ningún comentario:

Publicar un comentario