sábado, 19 de novembro de 2016

Estudando As Abellas Probando O Mel Na Escola

Ola, somos Mario e Brais e hoxe imos contarvos a experiencia que vivimos na escola para coñecer o traballo e o mundo das abellas.
Primeiramente visitamos unha exposición que había na biblioteca sobre obxectos que se utilizan na profesión de apicultor.
 Desde os máis novos ata os máis vellos pasamos por alí.
Así observamos o afumador que serve para simular un incendio. Así as abellas séntense en perigo  e queren fuxir. Comen moito mel para ter reservas polo camiño, enchen o abdome e así  non lle poden picar ao apicultor porque non poden dobrar o abdome para pinchar o aguillón.
Vimos os cadros coas colmeas onde viven as abellas e se almacena o mel.
Gustáronnos as colmeas antigas con cortiza de sobreira.
E tamén mirar un niño de abellas.
Todo isto foi emocionante e sorprendente, pero aquí non rematou todo.
Pois máis tarde no salón de actos descubrimos novas experiencias.
Alí  estábanos esperando Emilio, un apicultor que nos foi explicando paso a paso o proceso do mel e a súa elaboración.
Gustounos ver como usaba o espectacular coitelo de sopercular.
Que ben o pasamos cando puidemos ver como se extraía o mel!
Tamén nos deu a probar unha mostra de mel recén sacada no extractor e que todos vimos alí mesmiño. Foi magnífico!
Sobre todo encantounos o mel!!
E así ademais de marchar para a clase cun bo recordo, tamén saímos todos coa barriga chea!!!
 Moitas Grazas Emilio pola túa paciencia e benfacer!
Brais García Alonso e Mario Gómez 6º A
PREMER AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DO MEL 

Ningún comentario:

Publicar un comentario